Bienvenidos a Abellons!

     Menú
· Inicio
· Buscar
· Descargas
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Foros
· Galería Fotográfica
· Galeria de Videos
· Mensajes Privados
· Registrados
· Su Cuenta
· Temas

     Patrocinadores


coreti

coreti

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

Hosting Nuke

Hosting Nuke

Hosting Nuke

coreti

     Online
Actualmente hay 4 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Noticias Anteriores
Domingo, 31 enero
· CR CORETI LALIN 36 - 0 COWPER RC
Martes, 26 enero
· CR CORETI LALIN 41 -- 8 FENDETESTAS RC
Lunes, 18 enero
· OS INGLESES 25 - 14 CR CORETI LALÍN
Martes, 12 enero
· ZALAETA 12 - 42 CR CORETI LALÍN (FEMININO)
Lunes, 11 enero
· VOLTA A LIGA PARA OS ABELLÓNS
· CR CORETI LALIN 6 - 15 CRAT (XUVENÍS)
Jueves, 10 diciembre
· CEA DE FAMILIA CR CORETI LALIN
Viernes, 04 diciembre
· VIGO RC 12 - 5 CR CORETI LALÍN (XUVENÍS)
· ARV OURENSE 13 - 12 CR CORETI LALÍN
Viernes, 27 noviembre
· XORNADA DO FIN DE SEMANA DO CORETI LALÍN

Artículos Anteriores

 PREVIA CR CORETI LALÍN VS CAMPUS OURENSE

Este fin de semana, os Abellóns enfrontanse no que será o seu partido ligueiro, ó Campus Ourense, penúltimo clasificado da táboa que terá que gañarlle ós nosos se quere manter opcións de permanencia na primeira nacional. Os Abellóns teñen unha nova oportunidade de demostrar a progresión dos últimos partidos, e ademáis de afianzarse na cuarta praza da liga, presentar as súas credenciáis de cara á copa Xunta. 

Para este partido o adestrador Santi Amorin espera contar con tódolos seus efectivos para tentar gañar o partido e adicarlle a victoria a afección, que demostra ser un Abellón máis cada fin de semana que o equipo ten partido.

O partido desputarase o sábado día 6 ás 16:30 horas da tarde, no estadio Municipal Manuel Anxo Cortizo.

Enviado por Roxo el Martes, 02 marzo a las 15:51:12 (5 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SENIOR

Este pasado fin de semana celebrouse en Valladolid o campionato de España de seleccións autonómicas, no cal estivo presente a selección Galega. O CR Coreti Lalín contaba con representación amplia no convinado nacional galego xa que seis dos seus xogadores foron convocados, estes foron:
Santi Castro, Abreu, Monti, Folla, Patxi e Agustín.

Os nosos xogadores completaron un moi bo papel destacando por enriba de todos a Santi Castro que xogou tódolos partidos e demostrou porque, a día de hoxe, é un dos pilieres máis valorados da liga. Tamén cabe destacar o impresionante papel do noso apertura Patxi, que deulle un novo aire á tres cuartos galega nos dous encontros que desputou. O resto dos compoñentes Abellóns debutaron coa galega con bos papeles e demostrando que o rugbi lalinense está a un moi bo nivel e contribuindo a afianzar a progresión do rugbi galego, que día a día vaise labrando un pretixio, que aumenta con cada participación nos torneos.

Enviado por Roxo el Martes, 02 marzo a las 15:45:15 (4 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 BELENOS RC 24 - 8 CR CORETI LALÍN

Este pasado sábado, os Abellóns desprazábanse ata Avilés para enfrontarse o xa máis que mítico Belenos. A convocatoria abellona era reducida, debido as lesións, e somentes se desprazaron 16 xogadores. O Belenos atopábase segundo na táboa e precisaba gañar conseguindo o bonus ofensivo para deste modo poder adiantar ó CRAT de A Coruña e deixar a presión para os últimos no seu último partido de liga.

Os Abellóns sairon ó campo concienciados que había pouco que perder, e na contra, moito que gañar. Deste modo os nosos mediante boas defensas conseguían porse por diante no marcador mediante un golpe de castigo, transformado por Patxi. Os nosos seguían a aguantar os fortes empuxes da dianteira avilesina, e por momentos faciana recuar para demostrar que a pesares de non ser un equipo moi voluminoso, os abellóns demostran en tódolos campos ter un empuxe espectacular. Pero foi cerca do final da primeira parte, cando o Belenos conseguiría o seu primeiro ensaio tras unha moi boa xogada da súa liña de tres cuartos. Con este resultado de 7 a 3 chegaríase ó descanso.

Na segunda parte os Abellóns seguían mentalizados de que terían que defender forte para poder seguir manténdolle a cara ó partido, pero a medida que pasaban os minutos, o cansanzo facía mella nos nosos, que arrastraban tamén o cansanzo da viaxe e a falla de cambios. Pero ainda asía, tivo que esperar o Belenos e sufrir para conseguir o seu segundo ensaio. O Belenos mediante cambios que refrescaron a súa dianteira, conseguiron subir unha marcha máis ó encontro, e a partires de aquí os nosos encaixaron o resto dos ensaios que subía ós de Avilés ata os 24 puntos. Pero os nosos nun momento de orgullo, e tras cinco fases consecutivas de convinación de xogo á man, conseguiron anotar o que sería o seu único ensaio, que o conseguiría o segunda Mario.

Enviado por Roxo el Lunes, 22 febrero a las 11:12:58 (13 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 CRAT CORUÑA 13 - 6 CR CORETI LALÍN

Este pasado sábado, os Abellóns desprazabanse á Coruña para desputar o seu partido correspondente ca décima xornada de liga. Os nosos afrontaban un partido moi complicado, xa fora por a clasificación na táboa dos rivais, como por as baixas coas que se desprazaban para este partido. O CRAT comezaba apretando tras o saque de centro, e os nosos comezaban a demostrar de novo, porque son o segundo equipo da liga que menos puntos encaixa, empregandose con dureza nas defensas e freando as envestidas dos coruñeses. Foi o CRAT o que comezou adiantándose no marcador por medio de un golpe de castigo que Salgado conseguía transformar. Os papéis durante o primeiro equipo non se cambiaron entre os equipos, e mentres o CRAT quería avanzar metros, os Abellóns seguían a frear os avances mediante boas fases defensivas. Pero parece que este ano as lesións non queren deixar ós nosos, e esta vez tocoulle o turno a Panteira, que logo dunha acción de placaxe, luxaba o ombro tendo que retirarse en padiola e ser trasladado o hospital. Pouco despóis chegaría o ensaio dos coruñeses cando só faltaban cinco minutos para o final do primeiro tempo.
No segundo tempo os papéis do encontro cambiáronse entre os dous equipos e o partido comezou a poñerse de cara para os Abellóns. Pouco tardarían os nosos en apretar o marcador mediante dous golpes de castigo que Patxi transformaba sen problemas. Os coruñeses comezaban a porse nerviosos polo axustado do marcador, e os Abellóns parecían coller as. Pero nun despiste tras o saque dun golpe franco, a falla de un par de minutos para o final do encontro, chegou o último ensaio do partido, o cal poñía o marcador final no correspondente 13 - 6.

Bo partido dos Abellóns que comezan a atoparse mellor sobre o campo. Agora esperan ós nosos unha fin de semana de parón, o cal lle axudará a recuperar a xente lesionada.

Enviado por Roxo el Martes, 09 febrero a las 12:09:45 (12 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 C.R. CORETI LALIN 0 - 78 CRAT (FEMININO)

Nunha tarde estupenda para xogar ó rugby, as rapazas do C.R. LALIN CORETI saltaron ó campo dispostas a facerlle frente ó rival máis potente da liga este ano.

Foi un partido tranquilo e bastante dinámico, no que as abellonas lle fixeron fronte a un equipo mais veterano que conta con varias internacionais nas suas filas.

O resultado na primeira parte era moi desfavorable para o equipo abellón, ademais de rematar con duas xogadoras lesionadas, pero iso non foi motivo suficiente para desanimar ás nosas rapazas, que na segunda parte saíron con mais gañas se cabe, e defendendo os continuos ataques do equipo coruñés.

O equipo abellón desputou os últimos minutos do encontro cunha rapaza menos, xa que a ambulancia tivo que retirar a Laura A. co que ó final foi unha luxación do ombro.

Nesta ocasión non se puido acadar ningún punto para o marcador da casa, pero as abellonas marcharon cun bo sabor de boca vendo que as rapazas novas van poñendo en práctica todo o aprendido nos adestramentos e xa comezan a disfrutar deste deporte, que cando menos é bastante complicado.


Asi que ánimo abellonas e a seguir mellorando.


BY: GLADIS REY

Enviado por Roxo el Martes, 02 febrero a las 15:18:15 (29 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)


     El Club

· El club

1ª NACIONAL

· Plantilla
· Calendario
· Noticias

1ª TERRITORIAL

· Plantilla
· Calendario
· Noticias

FEMENINO

· Plantilla
· Noticias

CANTERA

· Plantilla
· Noticias

     Entrar
Usuario

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

     Calendario
<<-
 2010
->>
LMMJVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
[Ver detalles]







Todos los logos y marcas registradas en este sitio son propiedad de sus respectivos propietarios. Los comentarios son propiedad de quienes lo envian, todo el resto © 2007 es mío.
Club Rugby Lalin
diseño web
PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.175 Segundos