 |
| Menú |  |
| Patrocinadores |  |
| Online |  |
Actualmente hay 5 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
| Noticias Anteriores |  |
|  |
 | VIGO RC 12 - 5 CR CORETI LALÍN (XUVENÍS) |
Este pasado domingo, os nosos rapaces xogaban en Vigo, contra un dos claros favoritos a facerse co título ligueiro. Os Abellóns viaxaban con só 17 xogadores. O partido trancorreu con moi mal tempo xa que o frío e a auga, e incluso en momentos, a saraiba, facía complicado o xogo. Por este motivo o partido seguía unha mesma liña para os dous equipos, fases prolongadas na dianteira e no momento no que o balón era aberto á liña de tres cuartos, os movementos eran curtos e en raras ocasións o balón ía máis lonxe dos centros. Os rapaces parecían comezar a coller a soltura que lle faltara noutros partidos e cunha gran actitude estaban a plantar cara a un equipo moi forte. Pero as malas novas regresaban para os rapaces, xa que ós 10 minutos, Juanito tiña que ser sustituido por mor dunha lesión deixando paso a un debutante, Javier. Esteban tomou a dirección do equipo e asumeu o posto de medio de melé. Os rapaces seguían a xogar ben e foi cando Rubén Sueiro conseguía o ensaio para os nosos nunha boa saída de oito.
O final non puido ser, o Vigo conseguíu a victoria, pero o adestrador Santi Castro amosábase moi satisfeito por a moi boa actitude dos rapaces e por a mellora no xogo que están a amosar partido a partido. Neste partido tamén facía o seu debut neste ano, Viana, que sustituía a Iago por mor dun golpe nun ombreiro. Destacar a boa actuación de Iago e Luciano durante todo o partido.
CR CORETI LALÍN: BORJA, ALFONSO, JAIRO, IAGO, LUCIANO, SERGIO, RUBEN SUEIRO, CASTRO,
JUANITO, ESTEBAN, VICTOR, SANTI, EPI, IVAN Y ALBERTO + JAVIER E VIANA
Este fin de semana ós Abellóns tocalle xornada de descanso, polo que Santi Castro aproveitará para seguir a correxir pequenos erros e aproveitará para darlle descanso ós xogadores lesionados e desta forma poder contar con todo o plantel para o próximo encontro.
|
|
|
|
| |
| Entrar |  |
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre. | |
| Enlaces Relacionados |  |
| Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
| Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
| "VIGO RC 12 - 5 CR CORETI LALÍN (XUVENÍS)" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
|
| | Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|